Thursday 02 de May de 2024

O Concello amplía a celebración dos Mercados Sostibles a nove barrios da Coruña


Dende o próximo mes de maio os mercados rotarán por máis localizacións, engadindo Praza de Vigo, Paseo das Pontes e a Praza de Pablo Iglesias

Dende a súa posta en marcha o pasado ano realizáronse 39 mercados, polos que pasaron arredor de 20.000 persoas

O Concello da Coruña amplía as localizacións dos Mercados Sostibles a máis puntos da cidade co obxectivo de chegar a máis familias coruñesas. Esta iniciativa pioneira promovida polo Goberno de Inés Rey no pasado mandato súmase á organización dos Mercados Ecolóxicos avanzando cara unha cidade máis sostible, a través da promoción da economía circular e a compra responsable.

Os Mercados Sostibles teñen como temática é a sustentabilidade, a economía circular e a compra responsable aplicando a regra das 4R (Reducir, Reutilizar, Reciclar e Recuperar). Teñen un sistema rotativo que permite difundir por toda a cidade a filosofía deste tipo de compra. Dende a súa posta en marcha o pasado ano leváronse a cabo un total de 39 mercados, celebrados no Campo da Leña, Labañou, Mallos, Novo Mesoiro, Oza e Cidade Vella. Por eles pasaron preto de 20.000 persoas.
Co obxectivo de estender máis esta iniciativa e chegar a máis zonas da cidade, a partir de maio os mercados sostibles chegarán a máis localizacións, engadindo ás anteriores tres novas: Praza de Vigo, Paseo das Pontes e Praza de Pablo Iglesias. O Concello amplía así o mapa dos Mercados Sostibles, que chegarán a partir do próximo mes a 9 barrios da cidade.

Ata finais de ano, prevese a celebración dun total de 30 mercados entre ecolóxicos e sostibles.

Deja un comentario